O FACEBOOK DO CONCELLO DE SOBER ACADA OS 2.000 SEGUIDORES NO SEU PRIMEIRO ANO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu ós 2.000 seguidores do Facebook de Sober que “cada día con seus comentarios e suxestións fan desta fiestra aberta a todos un espazo activo de diálogo”. Guitián destacou que a páxina oficial do Facebook do Concello, no seu primeiro ano de existencia, convertiuse nun «escaparate para toda a xente da localidade e dos arredores», así como para moitos outros veciños “que nos seguen desde lonxe”. A través desta ferramenta, o Concello de Sober ofrece información da actividade do equipo de Goberno, e de noticias de interese como axudas públicas, ofertas laborais, cursos, festas ou outros eventos da localidade. O facebook do Concello de Sober tamén funciona como vehículo de promoción turística da Ribeira Sacra a través da publicación de fotografías da zona, e de escaparate para os comerciantes e empresas locais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

REFLEXIÓNS SOBRE A LINGÜÍSTICA E A ANTROPOLOXÍA NO IES DAVIÑA REI

Seguinte Nova

O III Quiroga de Tapas será do 10 ó 18 de abril

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: