O III Quiroga de Tapas será do 10 ó 18 de abril

A Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga organiza a terceira edición do concurso Quiroga de Tapas, que se celebrará do 10 ó 18 de abril. Un total de 21 establecementos ofrecerán a súa mellor cociña de tapas para optar a un premio en metálico de 100 euros e unha placa conmemorativa. Pola súa banda, os demais establecementos recibirán un diploma de participación.

21 LOCAIS PARA TAPEAR

Os establecementos participantes son Hostal Río Lor, Remansiño, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Cafetería Quiroga, Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón Escaleira, e A casa de pedra.

SORTEO DE 3 PREMIOS ENTRE OS VOTANTES

Como novidade, este ano o concurso de tapas de Quiroga premiará tamén ós votantes. Entre todas as papeletas participantes no concurso realizarase un sorteo de tres premios. O primeiro premio será de 300 euros en metálico e unha cesta de produtos típicos, e o segundo premio consistirá nun bono para dúas persoas no Balneario de Augas Santas de Pantón, que inclúe cea, estancia e circuíto termal. Por último, o terceiro premio ofrece unha comida ou cea para dúas persoas na Ferreiría de Rugando. A terceira edición do concurso Quiroga de Tapas está promovido por Porvide, Caurelor, Ferrería de Rugando, Oca Augas Santas e a Asociación de Empresarios de Hostaleria de Lugo, así como o Concello de Quiroga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O FACEBOOK DO CONCELLO DE SOBER ACADA OS 2.000 SEGUIDORES NO SEU PRIMEIRO ANO

Seguinte Nova

A ACTRIZ VILALBESA CRISTINA CASTAÑO, PREGOEIRA DA XXXII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: