O PP VALORA O «TRABALLO CONTINUO» DE CÁRITAS EN MONFORTE

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Julia Rodríguez, destacou de xeito especial a labor desta entidade para dar cobertura ás persoas que se atopan en situacións de dificultade. Por este motivo, os populares de Monforte valoran que o Goberno galego teña concedido a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión unha subvención de 30.000 euros a Cáritas Diocesana para apoiar as accións deste colectivo entre familias en situación de desvantaxe en Monforte de Lemos. A contía vai destinada a itinerarios de inserción laboral. Según explicaron os responsables municipais do Partido Popular, esta acción vai dirixida a grupos familiares fortemente marxinados e excluídos, co obxectivo de mellorar o funcionamento persoal, familiar e social, establecendo estratexias que favorezan a rehabilitación e a inserción. Este programa establece un plan de traballo con cada familia a través de entrevistas periódicas personalizadas e visitas ós domicilios, e se continúa co acompañamento, seguemento e evaluación do equipo formado polo persoal contratado e os voluntarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao, foro de debate sobre as propostas políticas para saír da crise coa vista posta en Europa

Seguinte Nova

REFLEXIÓNS SOBRE A LINGÜÍSTICA E A ANTROPOLOXÍA NO IES DAVIÑA REI

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: