
Do 15 ó 20 de marzo, o Pazo de Tor foi o esceario da rodaxe de diversas esceas do filme “A esmorga”, baseadas na famosa novela homónima de Eduardo Blanco Amor. A compañía Vía Láctea Producións é a encargada de realizar a versión cinematográfica da gran novela da literatura galega, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Miguel de Lira, Karra Elejalde ou Antonio Durán “Morris”. Para coñecer de primeira man o día a día desta produción que conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación, o responsable desta área, Mario Outeiro, achegouse ó Pazo de Tor, onde conversou co equipo de traballo, e presenciou algúns dos momentos da rodaxe. “A gravación desta película no Pazo de Tor non só nos enriquece desde un punto de vista cultural, aportando o seu graíño de area ao conxunto de películas rodadas na provincia, senón tamén desde un punto de vista turístico, xa que será un excelente escaparate para xoias do patrimonio histórico e artístico lucense.”•