O sur de Lugo acolleu a rodaxe de esceas da versión cinematográfica da novela “A esmorga”, de Eduardo Blanco Amor

O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, achegouse ós traballos de rodaxe da película “A esmorga”, que tivo lugar neste mes no Pazo de Tor en Monforte.  GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, achegouse ós traballos de rodaxe da película “A esmorga”, que tivo lugar neste mes no Pazo de Tor en Monforte. GPVDL.

Do 15 ó 20 de marzo, o Pazo de Tor foi o esceario da rodaxe de diversas esceas do filme “A esmorga”, baseadas na famosa novela homónima de Eduardo Blanco Amor. A compañía Vía Láctea Producións é a encargada de realizar a versión cinematográfica da gran novela da literatura galega, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Miguel de Lira, Karra Elejalde ou Antonio Durán “Morris”. Para coñecer de primeira man o día a día desta produción que conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación, o responsable desta área, Mario Outeiro, achegouse ó Pazo de Tor, onde conversou co equipo de traballo, e presenciou algúns dos momentos da rodaxe. “A gravación desta película no Pazo de Tor non só nos enriquece desde un punto de vista cultural, aportando o seu graíño de area ao conxunto de películas rodadas na provincia, senón tamén desde un punto de vista turístico, xa que será un excelente escaparate para xoias do patrimonio histórico e artístico lucense.”•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Posta en valor das árbores e da auga en marzo

Seguinte Nova

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS PARA POTENCIAR AS PRAZAS DE ABASTOS E O COMERCIO DE PROXIMIDADE

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: