Os Mercados de Monforte, referencia no Forum 2014 Zaragoza de novas tendencias comerciais

•Chocolate Paixón centrou o terceiro Mercado de marzo en torno ás creacións máis sorprendentes e tentadoras con chocolate

As posibilidades do chocolate van máis aló do goce do seu sabor, como puideron comprobar os visitantes do Mercado Chocolate Paixón, celebrado na Praza de Abastos de Monforte o 22 e 23 de marzo. EC
As posibilidades do chocolate van máis aló do goce do seu sabor, como puideron comprobar os visitantes do Mercado Chocolate Paixón, celebrado na Praza de Abastos de Monforte o 22 e 23 de marzo. EC

A experiencia dos Mercados de Monforte foi seleccionada polos organizadores do Forum 2014 de Zaragoza para ilustrar un novo concepto de actividade comercial. Un total de 10 empresas das principais cidades de España foron convocadas para participar neste encontro que buscaba novas ideas para a transformación da Estación del Norte de Zaragoza nunha nova área comercial.

REUNIÓN DE IDEAS COMERCIAIS DAS CIDADES MÁIS DINÁMICAS

No encontro estiveron representadas cidades da entidade de Madrid, Barcelona ou Valencia, sendo Monforte unha das dúas cidades pequenas, xunto con Igualada, presentes nesta reunión. Ambalas dúas ofreceron a súa experiencia no que se deu en chamar “mercados pop up” ou “tendas efímeras”, que no caso de Monforte refírese ós Mercados temáticos, proxecto deseñado pola empresa Rural Consulting, e no de Igualada ó Mercado de Moda Radical que se vai abrir do 1 ó 15 de cada mes, a partir de abril, nun dos edificios modernistas máis singulares da cidade.

Os tradicionais bombóns presentáronse en Monforte nas máis diversas e apetitosas formas. EC
Os tradicionais bombóns presentáronse en Monforte nas máis diversas e apetitosas formas. EC

COMPLEMENTO ÁS PRAZAS DE ABASTOS

A proposta dos Mercados de Monforte interesou ós organizadores por combinar a actividade diaria da Praza de Abastos coa celebración de mercados que cambian de temática cada mes. Ademais, hai que ter en conta que na actualidade as Prazas de Abastos de toda España están buscando novas vías para garantir a súa permanencia e, a xuizo dos organizadores, só as que encontren alternativas para espertar o interese de sectores de público máis amplos, poderán subsistir. Isto pasa, non só por renovar edificios, senón tamén por ampliar horarios e ofrecer novos produtos, en especial aqueles que non podemos encontrar nos supermercados. O Forum 2014 de Zaragoza entende que o modelo de centro comercial xa está caduco, e que o futuro está en novas formas de expresar a actividade comercial.•

Fantásticas creacións a partir deste doce produto tomaron forma de figuras decorativas, bombóns de diversos formatos e incluso rosas que imitaban sorprendentemente a delicada beleza destas flores. EC
Fantásticas creacións a partir deste doce produto tomaron forma de figuras decorativas, bombóns de diversos formatos e incluso rosas que imitaban sorprendentemente a delicada beleza destas flores. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A alumna Sara Moure recibe o premio nacional do certame literario «Carta a un militar español» de mans do ministro de Defensa

Seguinte Nova

Novo aspecto da rotonda das Gándaras, en Pinol

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: