Pantón aforrará 6.700 euros anuais na factura eléctrica gracias ó programa de eficiencia enerxética conxunto

Aforro enerxético a partir de estratexias conxuntas entre varios concellos

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, coñece de primeira man as melloras na iluminación pública de O  Saviñao, dentro do programa de eficiencia enerxética conxunto en tre Pantón, Sober e O Saviñao. CEI.
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, coñece de primeira man as melloras na iluminación pública de O Saviñao, dentro do programa de eficiencia enerxética conxunto en tre Pantón, Sober e O Saviñao. CEI.

O proxecto de eficiencia enerxética que están a desenvolver de xeito conxunto os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao permitirá un aforro de preto de 13.000 euros anuais no total das facturas eléctricas dos tres municipios. Así o explicou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, durante a súa visita a O Saviñao para coñecer os traballos de mellora da iluminación pública realizadas dentro deste proxecto mancomunado. Según precisou Bernardo Tahoces, o aforro en cifras económicas para os tres concellos achégase ó 70%, co que Pantón aforrará 6.700 euros ó ano, Sober, preto de 4.000 euros, e O Saviñao máis de 2.000 euros. En canto ó gasto enerxético, este programa permite ós tres concellos aforrar 92.000 KWh ó ano, e as emisións de CO2 á atmosfera redúcense en algo máis de 60.000 kg anuais, cifra equivalente á plantación de máis de 3.000 árbores.

Bernardo Tahoces visitou estes traballos acompañado polos alcaldes dos tres concellos integrantes desta asociación municipal, e salientou a importancia dun proxecto de colaboración que ten permitido “mellorar a eficiencia enerxética das tres vilas” contribuíndo a diminución dos custos na súa factura eléctrica. “A través desta actuación contribuímos ao aforro enerxético dos concellos nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou. O director xeral recordou o éxito alcanzado por este programa nos últimos anos, mobilizando desde o 2009 máis de 23 millóns de euros en diversos actuacións de eficiencia enerxética, contribuíndo á mellora da iluminación pública de 170 concellos galegos. Ante estes datos, a Xunta abriu este ano unha nova convocatoria, que incrementou o seu orzamento nun 15% ata chegar aos 4,5 millóns. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acollerá a III Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XIX Feira de San Lázaro a primeira fin de semana de abril

Seguinte Nova

Pantón será o punto de partida da II Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss