Pantón será o punto de partida da II Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Os coches clásicos, protagonistas da xornada do 6 de abril

•Os vehículos partirán do Balneario de Augas Santas •Os 60 quilómetros da ruta discurrirán polos municipios de Pantón, Monforte, Chantada e O Saviñao •O itinerario rematará na Praza da Compañía de Monforte

Un momento da presentación da II Festa de Clásicos Ribeira Sacra no Balneario de Augas Santas, coa presencia do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara; o presidente do Club Autoclásicos Ribeira Sacra, José Antonio Castro; e membros da directiva do club. (Foto cedida).
Un momento da presentación da II Festa de Clásicos Ribeira Sacra no Balneario de Augas Santas, coa presencia do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara; o presidente do Club Autoclásicos Ribeira Sacra, José Antonio Castro; e membros da directiva do club. (Foto cedida).

O Club Autoclásicos Ribeira Sacra organiza para o domingo 6 de abril a II Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, co obxectivo de dar a coñecer o entorno e os produtos de toda a zona da Ribeira Sacra do Miño, a través da promoción e o disfrute dos vehículos clásicos.

DENDE AUGAS SANTAS A MONFORTE, CON PARADA NA PRAIA DA COVA

A xornada comezará no Balneario de Augas Santas, en Pantón, onde se celebrará unha concentración dos coches participantes entre as 9 e as 10,30 horas. A continuación, a organización propón unha ruta voluntaria de 60 quilómetros a través dos municipios de Pantón, Monforte de Lemos, Chantada e O Saviñao. Os participantes irán provistos dun rutómetro para controlar a marcha do itinerario previsto. A medio camiño, a comitiva realizará unha parada na praia fluvial de A Cova para disfrutar dun aperitivo e da contemplación da paisaxe.

XANTAR NO DON MANUEL CON ENTREGA DE AGASALLOS E SORTEO DE PREMIOS

A ruta rematará en Monforte de Lemos, onde quedará habilitada como parque pechado a explanada da Compañía durante o tempo do xantar. A hora límite de entrada no parque pechado será ás 15 horas. A organización deseñou un fin de festa integrado por un xantar no restaurante Don Manuel, de Monforte, seguido dunha entrega de agasallos ós participantes. Ademais, despois da comida terá lugar un sorteo dunha cea para dúas persoas no restaurante Don Manuel, e entradas para o Hotel Balneario Golf Resort Augas Santas de Pantón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón aforrará 6.700 euros anuais na factura eléctrica gracias ó programa de eficiencia enerxética conxunto

Seguinte Nova

A Deputación reclamará a devolución dos máis de 90.000 euros recadados co “céntimo sanitario”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: