Posta en valor das árbores e da auga en marzo

21 de marzo, celebración do Día da Árbore

Alumnado do IES A Pinguela participou na plantación de árbores organizada polo Concello de Monforte na parroquia de Piñeira. EC
Alumnado do IES A Pinguela participou na plantación de árbores organizada polo Concello de Monforte na parroquia de Piñeira. EC

Diversos actos centraron as celebracións do Día Mundial da Árbore, e da Auga, os días 21 e 22 de marzo. Os concellos do sur lucense organizaron actividades para escolares, consistentes na plantación de diversas especies arbóreas, para tomar conciencia da conservación deste ben natural. Con este fin, a Delegación Territorial da Xunta en Lugo distribuiu entre os municipios un lote de 800 exemplares de especies autóctonas, para ser plantados por diversos colectivos escolares e veciñais. A parroquia sarriana de Vilapedre organizou unha plantación colectiva, que rematou cun xantar de confraternización para celebrar esta efeméride.•

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, durante a celebración do Día Mundial da Árbore, o pasado 21 de marzo. (Foto cedida).
A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, durante a celebración do Día Mundial da Árbore, o pasado 21 de marzo. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xornadas de intercambio educativo entre o IES Lama das Quendas e o Hjorring Gymnasium de Dinamarca

Seguinte Nova

O sur de Lugo acolleu a rodaxe de esceas da versión cinematográfica da novela “A esmorga”, de Eduardo Blanco Amor

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss