Profesores do Campus de Lugo solicitan que se “reconsidere e reoriente” o proxecto de encauzamento do río Sarria

O 17 de marzo, catro profesores da Escola Politécnica Superior de Lugo firmaron un escrito dirixido á Confederación Hidrográfica Miño-Sil no que se solicita que “se reconsideren e reorienten as actuacións previstas no proxecto de ordenación do cauce e marxes dos ríos Sarria e Celeiro ó seu paso pola vila xacobea.

TALA “MOI CUESTIONABLE E INXUSTIFICADA”

Este escrito, feito público pola Plataforma Sarriana polo Río e firmado polos profesores Mª Isabel Iglesias Díaz, Antonio Rigueiro Rodríguez, Santiado Lamosa Quinteiro e Guillermo Riesco Muñoz, considera “moi cuestionable e inxustificada a tala de exemplares dunha especie autóctona que está a desaparecer pola acción do fungo Phytophtora Alni”, polo que recomendan a conservación dos que estean en bo estado, como é o caso das árbores de Sarria. Asimesmo, consideran “fundamental” a protección da arboreda de ribeira “por tratarse de arborado urbano que contribúe a mellorar a calidade medioambiental da vila”. Asimesmo, os alisos son unha especie “tolerante á contaminación urbana e industrial”, o que os fai máis sostibles e medioambientalmente máis interesantes. En canto ós exemplares considerados non sustituíbles pola súa rareza, esixen un “detallado estudo que xustifique a súa eliminación”, debido ó “altos valores económicos” que poden chegar a alcanzar.

Ademais, os expertos universitarios consideran que as actuacións de encauzamento “van quedando anticuadas nas sociedades avanzadas”, e propoñen a realización dun inventario e estudio da arboreda existente nesta ribeira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Socialistas de Chantada e da Ulloa pedirán a implicación dos alcaldes do PP para que a Xunta implante esta sección da Escola de Idiomas

Seguinte Nova

O conselleiro de Cultura presentou a reedición do libro «Simboloxía do románico de Pantón», do chantadino Xosé Lois García

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss