Socialistas de Chantada e da Ulloa pedirán a implicación dos alcaldes do PP para que a Xunta implante esta sección da Escola de Idiomas

Reaccións ante a negativa da Xunta á sección de inglés da EOI en Chantada

O deputado socialista Vicente Docasar, e a coordinadora comarcal do PSdeG-PSOE da zona suroeste de Lugo, Pilar García Porto, reuníronse diante do IES Lama das Quendas con socialistas das comarcas de Chantada e da Ulloa.  (Foto cedida).
O deputado socialista Vicente Docasar, e a coordinadora comarcal do PSdeG-PSOE da zona suroeste de Lugo, Pilar García Porto, reuníronse diante do IES Lama das Quendas con socialistas das comarcas de Chantada e da Ulloa. (Foto cedida).

A mediados de marzo, a coordinadora comarcal da zona Suroeste e secretaria de Economía, Pilar García Porto, acompañada do deputado autonómico e voceiro de Educación no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, e dos voceiros do PSOE nos municipios de Carballedo, Chantada e Taboada, anunciaron que pedirán aos alcaldes do Partido Popular que intercedan perante a Xunta de Galicia para que implante unha sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas de Monforte no IES Lama das Quendas. Os socialistas presentarán unha proposición non de lei na Cámara, co obxectivo de que o Goberno galego retroceda na decisión manifestada, a instancias da iniciativa presentada por Docasar que previamente fora respaldada polos alcaldes das comarcas de Chantada e da Ulloa, así como polo claustro de profesores e o Consello Escolar do centro chantadino. “O noso obxectivo é que a Consellería rectifique porque entendemos que se hai un millón de euros para que unha empresa privada organice cursos de inglés nos Peares, tamén os debe haber para habilitar media praza de profesor en Chantada”. Os socialistas declararon que “non imos parar ata que se faga xustiza”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo estará presente na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento “para traballar en beneficio dos cidadáns”

Seguinte Nova

Profesores do Campus de Lugo solicitan que se “reconsidere e reoriente” o proxecto de encauzamento do río Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: