Xornadas de intercambio educativo entre o IES Lama das Quendas e o Hjorring Gymnasium de Dinamarca

O chantadino IES Lama das Quendas acolleu a un grupo de alumnas e alumnos do Hjorring Gymnasium de Dinamarca do 23 ao 28 de marzo. Durante a súa estancia, o grupo visitante realizou diversas actividades no centro educativo, no que impartiron clases de lingua inglesa e recibiron clases de lingua castelá e de lingua galega. Xa fóra do espazo académico, o alumnado visitante realizou unha excursión para coñecer a cidade de Ourense e a de A Coruña, así como diversos puntos da nosa contorna. Dende o instituto chantadino programaron asimesmo varias visitas a empresas locais para o alumnado danés. O grupo coñeceu as instalacións de Adegas Lareu e Sidrería Galega, como exemplos do tecido produtivo desta rexión vitivinícola. A estancia dos estudantes daneses rematou cunha cea de despedida.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

BENESTAR CONVOCA PARA O 24 DE MAIO AS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE, E O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O 10 DE ABRIL

Seguinte Nova

Posta en valor das árbores e da auga en marzo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss