O chantadino IES Lama das Quendas acolleu a un grupo de alumnas e alumnos do Hjorring Gymnasium de Dinamarca do 23 ao 28 de marzo. Durante a súa estancia, o grupo visitante realizou diversas actividades no centro educativo, no que impartiron clases de lingua inglesa e recibiron clases de lingua castelá e de lingua galega. Xa fóra do espazo académico, o alumnado visitante realizou unha excursión para coñecer a cidade de Ourense e a de A Coruña, así como diversos puntos da nosa contorna. Dende o instituto chantadino programaron asimesmo varias visitas a empresas locais para o alumnado danés. O grupo coñeceu as instalacións de Adegas Lareu e Sidrería Galega, como exemplos do tecido produtivo desta rexión vitivinícola. A estancia dos estudantes daneses rematou cunha cea de despedida.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre