A Deputación esixe á Xunta que se declare Ben de Interese Cultural o conxunto das pontes medievais de Sarria

Respaldando unha iniciativa da asociación Arcas e Estudos Sarriaos

Dende o organismo provincial alerta do “grave risco” que están a sufrir este elementos monumentais polas obras que está a realizar a Confederación Hidrográfica Miño-Sil dentro do proxecto de encauzamento do río Sarria. (Foto cedida: Plataforma Sarriana polo Río).
Dende o organismo provincial alerta do “grave risco” que están a sufrir este elementos monumentais polas obras que está a realizar a Confederación Hidrográfica Miño-Sil dentro do proxecto de encauzamento do río Sarria. (Foto cedida: Plataforma Sarriana polo Río).

O delegado de Cultura e Turismo e portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, anunciou despois da Xunta de Goberno do 4 de abril, que a institución provincial vén de aprobar a Declaración Institucional de apoio á incoación de expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto monumental de pontes de orixe medieval de Sarria, unha iniciativa promovida pola Asociación Arcas e Estudos Sarriaos “Francisco Vázquez Saco”. As pontes de orixe medieval para as que se pide esta categoría de especial protección son a Ponte Ribeira no río Sarria e Camiño de Castela, pola que atravesa o Camiño de Santiago; a Ponte Vella no río Sarria e Camiño de Aranza; a Ponte Vella do Mazadoiro no río Celeiro e Camiño de Lugo; e a Ponte da Áspera, no río Celeiro e Camiño de Portomarín. Mario Outeiro precisou que “a historia da vila de Sarria está longamente ligada a este conxunto e forma parte dos bens que debemos preservar e coidar”.

XUSTIFICACIÓN DESTA SOLICITUDE

Outeiro explicou que a asociación Arcas e Estudos Sarriaos realizou unha importante recompilación dos fitos históricos máis relevantes que dan conta da existencia destas pontes, e da súa relevancia na vila. O delegado de Cultura da Deputación suliñou que este conxunto “presenta carencias na súa conservación, máis que nunha parte atópanse en grave risco pola obras que está levando adiante no río Sarria a Confederación Hidrográfica Miño-Sil”. Outeiro destacou que as pontes para as que se pide a protección como BIC están no ámbito de protección do Camiño Francés, que ten a categoría de Ben de Interese Cultural, “porén non se ten actuado para salvagardar este patrimonio histórico”. Asimesmo, Outeiro precisou que a Ponte Vella e a Ponte da Áspera figuran recollidas no Catálogo de Pontes Históricas de Galiza, “sen que se teñan dado a máis mínima acción protectora que esa inclusión”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A proposta inicial de delimitación do territorio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade poderá ser modificada

Seguinte Nova

O 11 de maio arrincará a XXXI Copa Deputación de Fútbol

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss