A proposta inicial de delimitación do territorio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade poderá ser modificada

Na última reunión da Comisión mixta de seguemento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, celebrada no Concello de Monforte o 2 de abril, foi recibido o borrador do mapa que delimita inicialmente o territorio obxecto da candidatura baixo a denominación “Ribeira Sacra”. Este mapa, presentado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e a representante do Valedor do Pobo, incluía as parroquias das ribeiras do Sil e do Miño e elementos patrimoniais aillados e xa declarados BIC como poden ser mosteiros de concellos que non teñen ribeira.

PUNTUALIZACIÓNS DO PRESIDENTE DA COMISIÓN MIXTA EN CANTO Ó ESPAZO DELIMITADO

En relación a estes datos, o presidente desta Comisión, Juan Carlos Armesto, emitiu un comunicado no que precisou que esta proposta inicial “é totalmente susceptible de modificacións e, en ningún caso, se quitan ou se exclúen territorios ou recursos”. Armesto lembrou que “as paisaxes do canón, as zonas vitivinícolas e os puntos máis destacados do románico son os que rexen esta primeira proposta por ser considerados os que otorgan maior carácter diferenciador ao conxunto de destino”. A continuación, o presidente da Comisión de seguemento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade puntualizou que “isto non implica que o resto dos territorios dos Concellos ou outros recursos non vaian ser considerados do xeito que corresponda como valores indiscutibles da Ribeira Sacra”. Armesto suliñou que “a declaración previa á candidatura como Ben de Interés Cultural (BIC) fai que dende a Dirección Xeral de Patrimonio se insista en ser o suficientemente cautos e consecuentes, posto que o nivel de protección que implica esta figura é moi elevado”. Armesto considera “ilóxico, e tamén imposible, declarar como BIC a totalidade da superficie dos 21 concellos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade esixir a devolución do “céntimo sanitario”

Seguinte Nova

A Deputación esixe á Xunta que se declare Ben de Interese Cultural o conxunto das pontes medievais de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: