A XUNTA DESTINOU NOS ÚLTIMOS MESES MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA MODERNIZAR O COMERCIO DE PROXIMIDADE LUCENSE

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou a aposta do Executivo galego “pola mellora do comercio de proximidade da provincia de Lugo”. Estas axudas concedidas pola Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, por importe de máis dun millón de euros, buscaban “potenciar os Centros Comerciais Abertos (CCAs) e as prazas de abastos do territorio lucense, pero tamén impulsar a mellora das zonas comerciais de distintos concellos da provincia”, explicou Arias. A delegada recordou ademais que a Xunta ten aberta ata o 24 de abril unha nova convocatoria de axudas, de 3 millóns de euros, para apoiar aos concellos galegos de cara á mellora competitiva do comercio de proximidade. “O obxectivo é impulsar a competitividade do comercio de proximidade, dentro da estratexia específica da Xunta de apoio ao sector comercial como unha das claves para a reactivación da economía das vilas e cidades galegas”, salientou Arias. Así, os concellos poderán optar a axudas de ata 30.000 euros para adecuación física ou mellora de espazos destinados a mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica, ata cubrir o 75% do investimento. Terán un 15% de incremento na subvención os proxectos presentados conxuntamente por varios concellos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-SARRIA DESENVOLVE ATA O 4 DE MAIO A CAMPAÑA «90 MINUTOS X 1.000 EUROS»

Seguinte Nova

A Xunta distingue a á Confitería Madarro, de Lugo, como o establecemento máis antigo da nosa provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: