ACES-SARRIA DESENVOLVE ATA O 4 DE MAIO A CAMPAÑA «90 MINUTOS X 1.000 EUROS»

Dende o 5 de abril e ata o 4 de maio, a Asociación de Comerciantes de Sarria ACES-Sarria está a desenvolver a campaña «90 minutos x 1.000 euros», coa que trata de fomentar o comercio local coa participación de establecementos e consumidores. Nesta nova campaña, o gañador recibirá 1.000 euros para gastar nun tempo máximo de 90 minutos nun mínimo de 9 tendas participantes. Para participar nesta promoción, os compradores dos 36 establecementos que se sumaron á campaña depositarán o ticket de compra nas furnas situadas en cada tenda, e os tickets recollidos durante esta promoción irán a sorteo, do que saldrá o gañador dos 1.000 euros en compras. Na campaña participan A Casa, Ara Moda, Azafrán Delicatessen, Bambi, Boutique Emma, Brincos, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlín Papelería, Carmen Quintela, Centro Óptico Sarria, Danton, Dimar Hombre-Mujer-Hogar, Diseño y Montaje Julio López, Duet Moda, Electronova, Federópticos Adrián Salgado, Herboristería Linva, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Lebón Descanso, Manuel Estilista, Mercería El Dedal, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olvers Sarria, Óptica Malecón, Peluquería Enredos, Peluquería Estilo, Santamarta, Senayo, Tenente, Viajes Barceló e Viajes Ecuador.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás para a XXXII Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

A XUNTA DESTINOU NOS ÚLTIMOS MESES MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA MODERNIZAR O COMERCIO DE PROXIMIDADE LUCENSE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: