A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca o concurso de carteis para esta campaña que trata de fomentar a condución segura e responsable entre a xuventude. Poderán participar mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade, ambos inclusive, residentes en Galicia, e o prazo remata o 14 de maio. O gañador recibirá como premio un ipod e será membro do xurado do certame de creadores novos ‘Xuventude Crea 2014’, na especialidade de carteis. Cada persoa poderá presentar 2 obras orixinais, inéditas e en galego, en formato vertical de 50×70 cms e montadas en superficie ríxida, con técnica libre, e deberán incluír obrigatoriamente a imaxe LIBRE e o texto ‘LIBRE, libre de alcol, libre de preocupacións’. Admitiranse traballos individuais ou en grupo. As bases do concurso e a imaxe LIBRE están no portal xuventude.xunta.es.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco