Irán á selección galega de Taekwondo
Na última fin de semana de marzo, os deportistas do Neka participaron no Campionato Escolar Galego de Técnica, onde acadaron tres medallas, e no Absoluto de Técnica, na que conseguiron dous metais. Dous días “moi intensos”, según explicou o adestrador do Neka, José Mª Vega, nos que ademais dos “satisfactorios resultados” en ambas competicións, os deportistas disfrutaron dunha fin de semana de convivencia a través da prática deportiva durante a súa estancia na localidade pontevedresa de Moaña.
PODIOS DO NEKA EN MOAÑA
Na proba escolar disputada o sábado 29 de marzo, Alejandro Fernández foi bronce en categoría benxamín, Carlos Rey acadou a prata en infantil, e o mesmo posto conseguiu Samuel López en cadete. Xa no campionato absoluto, celebrado ó día seguinte, Samuel López acadou o bronce en xunior, e Meritxell Varela e Rodrigo Huanay foron bronce na modalidade de parella xunior.
OPEN DE ESPAÑA
Con estas 5 medallas, o Neka terá presencia na selección galega, e opcións de participar no Open de España que se celebrará o 16 de maio na localidade castellonense de Oropesa del Mar. “Praticamente é seguro que estarán Samuel López e Carlos Rey, e Alejandro Fernández”, explica Vega en referencia á proba do 16, “un interesante aberto para que os rapaces se vaian rodando”.•
Deportistas do Neka realizaron un curso de arbitraxe en A Coruña
Un grupo de deportistas do club Neka asistiron a un curso de xuiz cronometrador, impartido en A Coruña o 5 de abril. Luis García, Raúl García, Saúl Martínez, Carlos Rey, Manuel Veloso, Iago García e Samuel López recibiron formación teórica e prática durante toda a xornada, que rematou co correspondiente exame para evaluar os coñecementos adquiridos. O adestrador do Neka destacou a importancia deste curso de arbitraxe, xa que “os árbitros son tan importantes como os competidores e os adestradores para que poida haber competición”. “A formación é esencial, porque garante que haxa continuidade en todos os aspectos deste deporte”, explicou Vega. •