COMPLETADA A ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO EDIFICIO DO ANTIGO HOTEL COMERCIO DE MONFORTE

O 31 de marzo, a Xunta de Galicia fixo entrega das chaves das dúas últimas vivendas de promoción pública deste edificio singular, resultado da rehabilitación realizada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo cun investimento de preto de 1,6 millóns de euros. As vivendas, de un e dous dormitorios, foron adxudicadas en réxime de aluguer. O edificio aloxa un total de oito vivendas, das que seis xa foran adxudicadas e ocupadas en anteriores procedementos. Ao tratarse de vivendas rehabilitadas nun núcleo histórico, destínanse ao alugueiro por persoas menores de 35 anos, con ingresos entre una e 2,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (Iprem) e que residan ou traballen no concello onde se atopan as vivendas, así como emigrantes que desexen retornar a Galicia despois de residir fóra polo menos cinco anos. O edificio ten tamén un local comercial de máis de 120 metros cadrados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta distingue a á Confitería Madarro, de Lugo, como o establecemento máis antigo da nosa provincia

Seguinte Nova

O sector turístico do sur de Lugo celebrou unha xornada técnica en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: