Completada a primeira fase da potabilizadora de Bóveda

Dende a Xunta estiman que a ETAP estará rematada no último trimestre deste ano

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, coñeceron sobre o terreo a marcha dos traballos da potabilizadora de Bóveda, que acaba de completar a súa primeira fase.  CEI
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, coñeceron sobre o terreo a marcha dos traballos da potabilizadora de Bóveda, que acaba de completar a súa primeira fase. CEI

Os traballos de construción da nova estación de tratamento de auga potable de Bóveda avanzan a bo ritmo, según explicaron os responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas durante a visita que realizou a Bóveda o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, a finales de febreiro. Menéndez suliñou que, según os prazos establecidos, a nova potabilizadora estará rematada no último trimestre de 2014.

COMPLETADO O 13% DA EXECUCIÓN DA ETAP

Durante a súa visita a esta zona, o director de Augas de Galicia estivo acompañado polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Os representantes públicos comprobaron a marcha dos traballos desta infraestrutura, da que xa se completou o 13% da súa execución. Actualmente, os técnicos están a realizar as labores de soterramento das canalizacións.

OBRA FINANCIADA 100% POR AUGAS DE GALICIA

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, destacou o «importante esforzo económico» que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través de Augas de Galicia, que financia ao 100% a potabilizadora de Bóveda, cun investimento de 573.594 euros.

NOVA CAPTACIÓN DE AUGA CON BOMBEO, E TRATAMENTO POR FILTRACIÓN

Estes traballos suporán a mellora de todo o sistema de abastecemento de Bóveda, dende a captación ata a planta de potabilización. Por unha banda, executarase unha nova captación no río Viloria, que permitirá unha subministración de auga con calidade axeitada durante os períodos de proliferación de cianobacterias no encoro. Esta auga será impulsada ata a potabilizadora mediante dúas bombas de 20 kw cada unha. Ademais, na planta potabilizadora acometerase unha terceira liña de tratamento de auga mediante filtración, co fin de incrementar a capacidade da planta dende 11 ata 17 litros por segundo.

MELLORAS NOS DEPÓSITOS DA ESTACIÓN, REPARACIÓN DOS CONTADORES E AUTOMATIZACIÓN DA PLANTA

Por outra banda, e tal e como se recolle no proxecto, será necesario reparar e renovar diversos elementos da estación de tratamento. Así, realizarase unha impermeabilización e selado dos depósitos, repararanse os contadores de distribución ás parroquias e mellorarase e ampliarase o edificio. Tamén se instalará un novo cadro xeral de planta que permitirá un adecuado control e funcionamento da planta, e automatizarase de modo que o seu manexo sexa máis sinxelo e seguro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CÍRCULO SAVIÑAO COMPLETOU O CICLO DE CONFERENCIAS «GALICIA EN EUROPA. PROPOSTAS PARA SAÍR DA CRISE»

Seguinte Nova

BENESTAR CONVOCA O CONCURSO PARA O CARTEL DA CAMPAÑA “LIBRE 2014”, NO QUE PODERÁN PARTICIPAR MOZOS E MOZAS ENTRE 18 E 30 ANOS

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: