COMPROMISO DA XUNTA PARA O ARRANXO DO PAVILLÓN DO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER

O secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa, visitou Sober a finais do mes pasado, invitado polo alcalde, Luis Fernández Guitián, para coñecer de primeira man o estado do pavillón deportivo do CEIP Virxe do Carme. Tras percorrer as instalacións, Lete Lasa comprometeu a axuda económica da Xunta para poder acometer este ano unha primeira fase das reformas máis urxentes, como as filtracións de auga que presenta este recinto deportivo. O alcalde de Sober agradeceu a boa disposición da Xunta para responder a esta “demanda veciñal e da comunidade educativa”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 23 DE ABRIL REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA O SERVIZO DE CAFETERÍA DO CENTRO CÍVICO DE MONFORTE

Seguinte Nova

Monforte acollerá un curso de Monitor de Fútbol Base

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: