
A artista luguesa Carmen Pardo inaugurou a comezos deste mes unha exposición no Círculo Saviñao, onde poderá verse a súa obra pictórica ata o día 30. Pardo amosa un gran dominio da cor nas súas creacións, que destilan unha fonda femineidade. A artista estivo acompañada na inauguración da mostra polo presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, e os seus amigos, así como por socios desta sociedade cultural-recreativa.