DURANTE O MES DE ABRIL, A LUGUESA CARMEN PARDO EXPÓN A SÚA OBRA PICTÓRICA NO CÍRCULO SAVIÑAO

A artista luguesa Carmen Pardo expón durante todo o mes de abril a súa obra pictórica no Círculo Saviñao. (Foto cedida).
A artista luguesa Carmen Pardo expón durante todo o mes de abril a súa obra pictórica no Círculo Saviñao. (Foto cedida).

A artista luguesa Carmen Pardo inaugurou a comezos deste mes unha exposición no Círculo Saviñao, onde poderá verse a súa obra pictórica ata o día 30. Pardo amosa un gran dominio da cor nas súas creacións, que destilan unha fonda femineidade. A artista estivo acompañada na inauguración da mostra polo presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, e os seus amigos, así como por socios desta sociedade cultural-recreativa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Selección de Fútbol do Sahara xogou un amistoso na Ribela durante a súa visita a Galicia

Seguinte Nova

SARRIA CELEBRA A SEMANA SANTA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: