Máis de 1.000 atletas participaron na VI Carreira Popular de Monforte

•A III Carreira Popular de Ribas do Sil abriu o Circuíto Leader con 125 participantes •A vindeira proba será o 18 de abril, na X Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

O III Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares iniciouse o pasado 23 de marzo, coa III Carreira Popular Concello Ribas do Sil, na que tomaron parte 125 atletas. A fin de semana seguinte, tivo lugar a VI Carreira Popular Concello de Monforte, que medrou en participación ó rexistrar 1.056 atletas. O efecto dinamizador que buscaba a proba monfortina conseguiu convocar a 426 corredores nas categorías menores, e 630 atletas na proba absoluta, sumando un total de 78 corredores máis que na pasada edición. O liderato no Circuíto na categoría masculina corresponde a Juan Antonio Gude Vila, do club Montepenarubia de Lugo, seguido de Luis Iglesias Raña, do club Atletismo Arenteiro de Leiro, e José Manuel Teijeiro Vila, do Monumental de Lugo. Pola súa banda, na categoría feminina lidera o Circuíto María Ferreiro Pérez, de Ourense, seguida por Begoña Gay Vázquez, do clube MTC y Hermanos Loures, de Lugo, e por Teresa Corral Marcos, do club Atletismo Monte Segade, de Lugo. A vindeira proba do III Circuíto Leader Ribeira Sacra será o venres 18 de abril, na X Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober invita á XXXIV Feira do Viño de Amandi «dende o corazón dos viñedos»

Seguinte Nova

Os socialistas denuncian que os gandeiros de Sarria percibirán este ano un millón de euros menos coa reforma da PAC

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss