Monforte acollerá un curso de Monitor de Fútbol Base

A partir da tempada 2015-2016 será preceptivo contar con este título para adestrar nas categorías de fútbol base

• A Concellería de Deportes de Monforte anunciou a apertura do prazo de inscrición para o curso de Monitor de Fútbol Base. Este curso, organizado polo Concello de Monforte e a Escola Galega de Adestradores de Fútbol, desenvolverase na cidade do Cabe a partir do 28 de abril e ata o 8 de xullo.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA COMPLETAR PRAZAS

A duración será de 65 horas lectivas, que se desenvolverán os luns e mércores de 20,00 a 23,00 horas. As sesións teóricas impartiranse no Pavillón de A Pinguela, e as clases práticas no Campo Luis Bodegas. O prezo do curso é de 150 euros, e requerirase dun mínimo de 30 alumnos. Os interesados poden informarse na Oficina Municipal de Deportes nas Casiñas da Compañía, de luns a venres de 9 a 14 horas. Dende a concellería de Deportes informaron de que a partir da tempada 2015-2016 será preceptivo contar con título para adestrar equipos federados ata a categoría cadete, agás a liga galega infantil, liga galega cadete e cadete división de honor. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

COMPROMISO DA XUNTA PARA O ARRANXO DO PAVILLÓN DO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER

Seguinte Nova

QUIROGA SOLICITA A ADHESIÓN Ó CONVENIO DE TRÁFICO PARA TRAMITER OS CAMBIOS DE DOMICILIO DENDE O CONCELLO PARA EVITAR DESPRAZAMENTOS ÓS VECIÑOS

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss