Dende a Concellería de Benestar Social de Monforte informaron da aprobación por parte da Xunta de Goberno do procedemento negociado para a adxudicación do servizo de cafetería do Centro Cívico situado no Malecón. Según establece a lei, convidouse a tres empresas, dúas de Monforte e unha de Pantón, sen prexuízo de que podan presentarse outras que así o desexen e sempre e cando cumpran cos requisitos recollidos nas bases desta convocatoria, que están publicadas no apartado Perfil do Contratante da web www.monfortedelemos.es. A data límite de presentación de ofertas é o día 23 de abril, e o canon base de licitación ascende a 5.490,84 € anuais. O Concello estima que a adxudicación estará completada a finais do mes de maio.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O pasado 8 de marzo tivo lugar no Polígono dos Acivros a celebración do 3ª aniversario
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
A candidata número 6 do PP de Lugo ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, destacou o
O Concello de Sober vén de aprobar os seus orzamentos para o ano 2024, cun importe
A AIE Ribeira Sacra Next, fundada hai un ano, está a expandir a súa rede de