O CÍRCULO SAVIÑAO COMPLETOU O CICLO DE CONFERENCIAS «GALICIA EN EUROPA. PROPOSTAS PARA SAÍR DA CRISE»
A foto corresponde á conferencia de José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE, na sede da sociedade de Escairón, o pasado 28 de marzo. (Foto cedida).
Un momento da intervención de Alfonso Rueda, secretario xeral do Partido Popular en Galicia, no Círculo Saviñao o 3 de abril. (Foto cedida).
•O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral do PP-Galicia, Alfonso Rueda, pecharon o ciclo celebrado entre marzo e abril na sociedade cultural-recreativa de Escairón •As anteriores conferencias estiveron a cargo de Xavier Vence, do Bloque Nacionalista Galego, e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida.