O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade esixir a devolución do “céntimo sanitario”

Pioneira en Galicia na reclamación deste importe

O pasado 1 de abril, o Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a proposta do Goberno provincial para recuperar o recadado ilegalmente co céntimo sanitario.

RECLAMARÁN QUE SE CUANTIFIQUE O IMPORTE QUE SE TEN QUE DEVOLVER, E QUE SE DEVOLVA “NO MENOR TEMPO POSIBLE”

Así, a Deputación instará á Axencia Estatal Tributaria a devolver o céntimo sanitario por ser un “ingreso indebido”, que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou ilegal. Ademais, o organismo provincial reclamará á Xunta de Galicia que cuantifique, de acordo coas asociacións de transportistas, cal é o importe do gravame susceptible de ser reembolsado, e esixirá a ó presidente da Xunta que inicie as xestións necesarias para garantir o reintegro do Imposto de Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos “no menor tempo posible, clarificando as canles necesarias para solicitar o seu reembolso”. Por último, a Deputación pedirá a devolución dos máis de 90.000 euros que achegou a institución ó cobro deste gravame nos últimos anos.

APOIO DA INSTITUCIÓN PROVINCIAL ÁS REIVINDICACIÓNS DO TRANSPORTE DE MERCANCÍAS E VIAXEIROS

Cabe destacar que a Deputación de Lugo é a primeira de Galicia en pedir o reembolso do chamado céntimo sanitario. A finais do mes pasado, o mandatario provincial, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo un encontro coa presidenta da patronal luguesa de transporte de mercancías, Carmen Castelao, e o presidente da patronal luguesa de transporte de viaxeiros, Luis Abeledo, para coñecer de primeira man as reivindicacións do sector, e amosarlles o apoio da Deputación ás súas peticións. Según precisou Carmen Castelao, un camión con 150.000 quilómetros ó ano pode recuperar unha media de 6.000 euros anuais pola devolución do “céntimo sanitario”. No caso do transporte de viaxeiros, o presidente da patronal luguesa precisou que o importe medio a devolver a cada un dos 5.000 vehículos que hai en Galicia ascendería a 3.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

SARRIA CELEBRA A SEMANA SANTA

Seguinte Nova

A proposta inicial de delimitación do territorio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade poderá ser modificada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss