O sector turístico do sur de Lugo celebrou unha xornada técnica en Monforte

Presentada unha nova ruta dos trens turísticos

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou as actuacións que en materia de turismo desenvolveu o Executivo autonómico nesta zona. GPDTL
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou as actuacións que en materia de turismo desenvolveu o Executivo autonómico nesta zona. GPDTL

Monforte acolleu a comezos de abril unha xornada técnica sobre turismo, na que participaron responsables institucionais e do sector privado do sur lugués, para analizar as liñas de colaboración público-privadas que se estiveron a desenvolver nesta zona.

REPRESENTANTES DO SECTOR PÚBLICO E PRIVADO VINCULADOS Ó TURISMO

A xuntanza contou coa participación de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) e da delegación da asociación de hostelería da zona sur, así como representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, da agrupación de turismo rural da zona sur Ribeira Sacra Rural e xerentes de hoteis e casas rurais da zona. Pola súa banda, en representación da Xunta de Galicia acudiu a delegada territorial en Lugo, Raquel Arias, quen explicou as liñas de traballo desenvolvidas polo Executivo autonómico nesta materia. Arias destacou a aposta polo paso da Vuelta a España pola zona sur luguesa e a participación na comitiva da proba co stand de “E para comer…Lugo”. A delegada da Xunta suliñou tamén o pulo na promoción do enoturismo a través das Rutas dos Viños de Galicia, que inclúen viaxes no viñobús, xornadas de portas abertas nas adegas e a disposición de aplicacións en móbiles para dar a coñecer os recursos vitivinícolas e turísticos da contorna, entre outros aspectos. Por outra banda, fíxose mención da incidencia no sector das iniciativas dos “Outonos Gastronómicos”, na que durante tres meses participaron once casas rurais da zona sur de Lugo, e dos “Concertos de Outono”, que ofreceron dúas actuacións.

NOVIDADES PARA O IMPULSO DO ENOTURISMO EN GALICIA

Na xornada celebrada en Monforte falouse tamén de diversas novidades confirmadas por Turismo de Galicia de cara aos vindeiros meses para promover o turismo na zona, que inclúen unha nova ruta dos trens turísticos. Este ano, os viaxeiros poderán escoller entre sete rutas diferentes, clasificadas por temáticas e en diferentes zonas de Galicia. Esta nova ruta permite que os visitantes poidan percorrer en tren os cinco territorios das Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia, incluída a da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

COMPLETADA A ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO EDIFICIO DO ANTIGO HOTEL COMERCIO DE MONFORTE

Seguinte Nova

O volume de viaxeiros aumentou un 9,1% na Ribeira Sacra en 2013

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: