O volume de viaxeiros aumentou un 9,1% na Ribeira Sacra en 2013

Na zona centro da nosa provincia, o aumento de viaxeiros foi do 10,2%, e na Mariña lucense medrou un 24,6%

O pasado 2 de abril, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou na comisión sexta de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento galego as iniciativas do seu departamento dentro do marco do Plan Integral de Turismo de Galicia, así como os datos turísticos rexistrados na Comunidade.

UN 4,9% MÁIS DE VIAXEIROS E UN 1,9% MÁIS DE PERNOCTAS NOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

A directora de Turismo de Galicia incidiu no feito de que o ano 2013 rexistrou un balance “positivo” para o turismo galego, posto que nos establecementos hoteleiros medraron os viaxeiros un 4,9% e as pernoitas un 1,9% respecto dos valores rexistrados en 2012. No caso do conxunto da oferta regrada, experimentáronse subas do 4,3% en viaxeiros e do 1,4% en pernoitas. Nava Castro aportou os datos por provincias e zonas turísticas, e destacou o aumento de viaxeiros na Ribeira Sacra, cun 9,1% máis; en Lugo central, cun 10,2% máis; ou na Mariña Lucense, cun 24,6% máis de viaxeiros que en 2012.

MÁIS VIAXEIROS TAMÉN NOS DOUS PRIMEIROS MESES DE 2014

A responsable de Turismo na Xunta lembrou os datos do Instituto Nacional de Estatística sobre a ocupación no conxunto da oferta regrada de Galicia, e destacou o incremento do 4,3% na cifra de viaxeiros aloxados en febreiro deste ano e o incremento da estadía media do 11,4% nos establecementos extrahoteleiros no mesmo mes. Ademais, resaltou a mellora nese segundo mes de 2014 da rendibilidade empresarial nos establecementos hoteleiros, cun incremento do 3,3%. De igual modo, suliñou o incremento do gasto turístico estranxeiro por enriba do 28% nos dous primeiros meses de 2014.

POTENCIACIÓN DOS PRODUTOS TURÍSTICOS “ENDÓXENOS”

Nava Castro defendeu a potenciación de produtos turísticos baseados nos valores endóxenos, como o Camiño de Santiago, o patrimonio natural ou cultural, a gastronomía ou o termalismo. Referiuse ademais a produtos como os Trens Turísticos de Galicia, o Viñobús, as Rutas dos Viños de Galicia ou a rede de Centros BTT, exemplos do turismo de experiencias que se poden practicar en Galicia de xeito sostible na natureza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O sector turístico do sur de Lugo celebrou unha xornada técnica en Monforte

Seguinte Nova

ALERTAN DO POSIBLE DETERIORO DO DOLMEN DE ABUIME POLAS CHUVIAS DESTE INVERNO

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss