Os socialistas denuncian que os gandeiros de Sarria percibirán este ano un millón de euros menos coa reforma da PAC

Alertan sobre as consecuencias na nova Política Agraria Común (PAC) no rural lugués

Membros da directiva comarcal do PSdeG de Sarria, o coordinador comarcal de Unións Agrarias, a alcaldesa de O Incio e a deputada provincial Sonsoles López, na presentación das xornadas sobre a PAC na sede socialista de Sarria. (Foto cedida).
Membros da directiva comarcal do PSdeG de Sarria, o coordinador comarcal de Unións Agrarias, a alcaldesa de O Incio e a deputada provincial Sonsoles López, na presentación das xornadas sobre a PAC na sede socialista de Sarria. (Foto cedida).

 

Sarria acolleu o 9 de abril a xornada “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo PSdeG de Lugo para dar continuidade ao programa de mesas sectoriais iniciado en xaneiro para coñecer as fortalezas e debilidades dos principais sectores produtivos, e deseñar un plan de traballo conxunto que permita impulsar a nosa provincia. Según explicaron os socialistas, cos novos criterios de reparto da Política Agraria Común (PAC), o importe medio percibido polos 2.000 beneficiarios da comarca que, no período anterior se situaba nos 5.700 euros, no vindeiro sexenio reducirase un 9%. Isto supón unha diminución na contía das axudas de máis de 500 euros anuais por gandeiro. Aparte da merma na economía dos afectados, xa que as axudas da PAC representan o 60% da renda das granxas de carne e o 30% nas lácteas, a reforma duplicará o risco de dumping no leite con prácticas comerciais agresivas doutros países. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou que “en vez de negociar uns criterios de reparto da PAC xustos e equitativos, Feijóo traizoou os intereses dos galegos, como fixo coa reforma eléctrica, as primas ás renovables, a reforma local ou repago sanitario”. Pola súa banda, José Blanco comprometeuse cos gandeiros e produtores da comarca a pedir na Eurocámara que na reforma da PAC se revise o límite das axudas, se primen as 25 primeiras hectáreas e se compense a desaparición da cota láctea en 2015.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 1.000 atletas participaron na VI Carreira Popular de Monforte

Seguinte Nova

Cinco medallistas do Neka nos Campionatos Galegos de Técnica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: