Preguntan á Deputación polo estado do proxecto da residencia para maiores de O Saviñao

A Asociación Veciñal de O Saviñao reclama que se aclare «a situación de punto morto» deste proxecto

A finais de marzo, a Asociación Veciñal de O Saviñao presentou un escrito dirixido á Área de Benestar da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, solicitando información sobre o estado no que se atopa o proxecto de construción dunha residencia para maiores na capitalidade de O Saviñao. No seu escrito, o colectivo veciñal lembrou que o proxecto se remonta a decembro de 2010, co anuncio por parte do ente provincial de construír esta residencia a través do SUPLUSA, e os pasos que se deron dende entón, coa compra do solar en maio de 2011 pola Deputación co adianto ó Concello do importe que lle correspondía, e que o ente municipal debía aboar nun prazo de catro a seis anos, trala firma dun convenio entre ambas institucións. Dende a Asociación Veciñal afirman que «non entendemos como tres anos despois non se iniciou a fase de construción deste moi necesitado centro-residencia, cando noutros concellos incluídos naquel listado de doce residencias xa se está construíndo e a piques de funcionar». O colectivo veciñal recorda que «O Saviñao é o único concello da Comarca que non conta cun servizo público de atención ós maiores», concello que cun censo de 4.440 veciños «ten máis que xustificada» a existencia dun centro destas características. A Asociación Veciñal desexa que a resposta da Deputación «sexa positiva para as necesidades da sociedade», ó tempo que lamenta que durante a espera pola residencia «os nosos maiores teñan que andar buscando un oco nos concellos próximos, e non tan próximos, onde pasar o resto da súa vida».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

QUIROGA SOLICITA A ADHESIÓN Ó CONVENIO DE TRÁFICO PARA TRAMITER OS CAMBIOS DE DOMICILIO DENDE O CONCELLO PARA EVITAR DESPRAZAMENTOS ÓS VECIÑOS

Seguinte Nova

Promoción e divulgación do Románico de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss