Promoción e divulgación do Románico de Sober

O Concello de Sober completa a súa oferta de material turístico cun novo folleto sobre a Ruta do Románico

Portada do folleto turístico sobre a Ruta do Románico que vén de editar o Concello de Sober.  (Foto cedida)
Portada do folleto turístico sobre a Ruta do Románico que vén de editar o Concello de Sober. (Foto cedida)

A riqueza patrimonial e cultural de Sober conta cun novo elemento promocional dispoñible para os visitantes. Trátase dun folleto turístico editado a comezos deste mes polo Concello de Sober, onde se ofrece información pormenorizada sobre a Ruta do Románico neste municipio.

CÓMO CHEGAR E QUÉ VER EN CADA PUNTO DA RUTA

A publicación ofrece, a todo color, un mapa-roteiro coa localización dos puntos de interés desta ruta, ademais de fotografías de cada unha das igrexas que integran este legado patrimonial. San Xulián de Lobios, San Vicente de Pinol, Santa María de Bolmente, Santa María de Proendos ou Santa María de Canaval son as igrexas que integran a Ruta do Románico de Sober, un itinerario completo para coñecer as creacións arquitectónicas e artísticas dos séculos XII e XIII que se conservan neste municipio. Ademais da localización e a iconografía destes edificios, o folleto editado polo Concello de Sober recolle unha ficha cos datos máis significativos de cada un deles, así como unha referencia a outros elementos artísticos como a pía bautismal de Santa María de Amandi, o canzorro de Santo Estevo de Anllo, as pedras canteiras de Santo Estevo de Refoxo, e os vestixios románicos presentes no Palacio de Sober.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preguntan á Deputación polo estado do proxecto da residencia para maiores de O Saviñao

Seguinte Nova

O CÍRCULO SAVIÑAO COMPLETOU O CICLO DE CONFERENCIAS «GALICIA EN EUROPA. PROPOSTAS PARA SAÍR DA CRISE»

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: