A Xunta de Goberno do Concello de Quiroga acordou, o pasado 4 de abril, solicitar a adhesión deste municipio ó convenio de colaboración firmado pola Dirección General de Tráfico e a Federación Española de Municipios y Provincias que permitirá ó cidadán tramitar nos concellos o cambio de domicilio do seu permiso de condución e do permiso de circulación dos vehículos. Deste xeito, evitarase á cidadanía o desplazamento ata a Xefatura Provincial de Tráfico para realizar estes trámites, como ata agora viña sendo preceptivo. Ó mesmo tempo, fará posible unha actualización máis rápida do Rexistro de Condutores e Vehículos, o que mellorará os servizos de xestión tributaria dos municipios e de notificacións vinculadas ó procedemento sancionador.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Restaurante Casa Antonio en Goián, no concello de Pantón leva 27 anos funcionando, comezou como
Madrid Fusión é sen dúbida o congreso de gastronomía máis influente de España, e acaba de
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro