SARRIA CELEBRA A SEMANA SANTA

A vila xacobea celebra a Semana Santa a partir do venres 11 de abril, co pregón a cargo de don Jesús MªArenas Ramajo, ás oito e media na capela da Virxe do Perpetuo Socorro, onde actuou o Coro Sarricanta. O sábado día 12, ás seis da tarde, foi a Misa en Santa Mariña, seguida da procesión da Virxe das Dores na Súa Soidade ata o convento da Mercé. A bendición dos ramos o domingo tivo lugar ás 12, no convento da Mercé, e de alí saiu a procesión da burriña ata a igrexa de Nosa Señora do Rosario, onde se celebrou a Eucaristía ás 13 horas. Realizouse unha colecta para atención das necesidades do Bordón Sarriao. O Luns Santo terá lugar a Unción de Enfermos na igrexa de Nosa Señora do Rosario, ás sete da tarde, e o Martes Santo representarase a Paisón no convento da Mercé, ás oito e media da tarde. O Mércores Santo será a celebración penitencial na igrexa de Santa Mariña, ás sete da tarde, e o Viacrucis Interparroquial partirá ás oito e media dende Santa Mariña ata o Convento, coas imaxes de Cristo Crucificado do Convento e da Nosa Señora da Paz, da Venerable Orden Terceira da Mercé. As celebracións do Xoves Santo comezarán coa Misa da Cea do Señor, na igrexa de Nosa Señora do Rosario (ás 5,30), Santa Mariña (ás 6), Vilar de Sarria (ás 7) e na Mercé (ás 7). A Adoración Nocturna será a partir das oito da tarde, na igrexa de Santa Mariña. A Hora Santa celebrarase ás nove da noite na igrexa de Nosa Señora do Rosario, e ás dez e media sairá a Procesión do Silenzo dende o Convento ata Santa Mariña, coa imaxe de Xesús Cautivo da Mercé. O Venres Santo a acción litúrxica será ás 5 en Sta. Mariña, ás 5,30 no Rosario, ás 6 na Mercé e ás 7 en Vilar de Sarria. Ás oito sairá a Procesión do Santo Enterro dende o Convento ata a igrexa de Nosa Sra. do Rosario. A Vixilia Pascual do Sábado Santo será ás 11 da noite na Mercé para todas as parroquias. O Domingo de Pascua a misa será en cada parroquia no seu horario habitual, coa tradicional bendición da auga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

DURANTE O MES DE ABRIL, A LUGUESA CARMEN PARDO EXPÓN A SÚA OBRA PICTÓRICA NO CÍRCULO SAVIÑAO

Seguinte Nova

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade esixir a devolución do “céntimo sanitario”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: