A Xunta de Galicia vén de actualizar a aplicación Mobem, que permite ós cidadáns realizar xestións co Servizo Público de Emprego desde o móbil. Desde agora esta ferramenta recolle as achegas dos usuarios e, deste xeito, incorpora un sistema de notificacións, polo que os cidadáns poderán recibir nas súas terminais unha notificación cada vez que ocorra un evento que poida ser do seu interese. Mobem está dispoñible para sistemas operativos IOS dos equipos Apple, Android, RIM para Blackberry, e WindowsPhone, o que permite descargar esta aplicación nas tendas oficiais de Google Play, iTunes, e tamén en Blackberry Word e WindowsMarket. O acceso a Mobem realízase empregando o mesmo usuario e contrasinal que no portal de emprego. No caso de non dispor de usuario e contrasinal, poden solicitalos na súa oficina de emprego. Desde a posta en marcha en xullo de 2013, esta aplicación xa tivo máis de 10.000 descargas. Ademais, xa se realizaron máis de 3.600 renovacións da demanda de emprego, comunicáronse 1.200 citas de orientación, máis de 300 comunicacións de cursos de formación e preto de 9.700 comunicacións para dispoñibilidade de ofertas.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• A mostra organizada polo Concello desenvolverase na rúa Cardeal do 5 ao 9 de agosto
• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución
A Xunta investirá este ano máis de 221.000 euros nas axudas dirixidas a apoiar os catro