A Área de Deportes da Deputación de Lugo aprobou este mes as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas da provincia de Lugo para os gastos de tempada 2013 -2014 pola súa participación en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de primeira ou segunda categoría absoluta estatal. A partida destinada a este fin ascende a 1.250.000 euros, dos cales 725.000 euros están dirixidos a sociedades anónimas deportivas, mentres que os 525.000 euros restantes se destinan a clubes e entidades deportivas. Como novidade deste ano, as entidades beneficiarias deberán facerse cargo, cando menos, do 5% do custo total da actuación subvencionada. O portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, lembrou que este organismo é a Deputación do Estado que máis diñeiro inviste en deporte por habitante, só superada polos cabildos insulares e Guipúscoa, que contan cun réxime fiscal diferente.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa