A Semana Santa rexistrou 3.890 consultas nas oficinas de Turismo da Ribeira Sacra

Neste periodo vacacional, a ocupación hoteleira na Ribeira Sacra foi do 82%

Imaxe dunha das actividades vinculadas ó Viñobús durante esta Semana Santa. (Foto cedida).
Imaxe dunha das actividades vinculadas ó Viñobús durante esta Semana Santa. (Foto cedida).

A Ribeira Sacra rexistrou un volume medio de ocupación hoteleira do 82% na Semana Santa, según o balance ofrecido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Esta cifra corresponde ó cálculo medio das estancias hoteleiras realizadas entre o 14 e o 19 de abril. A maior afluencia de visitantes aloxados neste territorio rexistrouse o Venres Santo, cun 96% de ocupación, seguido polo Xoves Santo, cun 91%, mentres que o Sábado de Pascua a porcentaxe quedou no 84%.

MÁIS DE 4.000 USUARIOS DOS CATAMARÁNS DE XESTIÓN PRIVADA DA RIBEIRA SACRA

En canto ó tránsito de viaxeiros polas Oficinas de Turismo, o Consorcio contabilizou un total de 3.890 visitas, tendo como referencia as oficinas de Monforte de Lemos, Pantón, Castro Caldelas e San Pedro de Rocas, en Esgos. Por outra banda, os catamaráns de Santo Estevo e Belesar Presa, así como as embarcacións menores de Chancís, Quinta Sacra e Brandán, rexistraron un total de 4.145 prazas vendidas entre o 14 e o 19 de abril. Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra estiman acadar as 5.000 prazas unha vez se publiquen os datos de usuarios dos catamaráns de Doade e Belesar, dependentes da Deputación de Lugo.

CATAMARÁN, CANÓNS DO SIL E ROMÁNICO, O MÁIS CONSULTADO NA OFICINA DE TURISMO DE MONFORTE

A Oficina de Turismo de Monforte, situada nas dependencias do Centro do Viño, rexistrou un total de 486 visitantes, que amosaron especial interés polas viaxes en catamarán e os canóns do Sil. O románico da Ribeira Sacra foi o segundo aspecto máis consultado polos turistas neste punto de información durante a Semana Santa, aínda que tamén amosaron interés polas adegas visitables, o sendeirismo e a oferta xeral de actividades vinculadas ó turismo nesta zona.

En canto á procedencia dos consultantes, a Oficina de Turismo de Monforte atendeu sobre todo a viaxeiros procedentes de Asturias, País Vasco e Madrid. En canto ós visitantes galegos, foron os coruñeses e os pontevedreses os que prefiriron unha estancia de varios días na Ribeira Sacra, según os datos da Oficina de Monforte, mentres que lucenses e ourensáns optaron por viaxes dun día, con especial presencia no sábado 19 de abril, con ocasión da XII Feira Medieval de Monforte. A estancia media dos consultantes foi de dous a catro días, e os aloxamentos máis frecuentes foron os Paradores de Monforte e Santo Estevo, o Balneario de Augas Santas, e as casas de turismo rural. Dende a Oficina de Turismo de Monforte suliñaron que está a ser moi utilizada a área de autocaravanas situada no entorno fluvial cercano ó Edificio Multiusos.

Os peregrinos do Camiño de Inverno tamén pasaron pola Oficina de Monforte, como o caso dun italiano que comezou a ruta en Quiroga, ou o dunha parella asturiana que iniciou o traxecto en Monforte. Por outra banda, o paso de estranxeiros pola Oficina de Monforte foi constante, con presencia de visitantes ingleses, franceses, portugueses, italianos, suizos, brasileiros, turistas rusos e tamén de Malta. Por último, a Semana Santa deixou no Museo do Viño un total de 125 visitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Plataforma Sarriana polo Río segue con actividades en defensa da natureza e o patrimonio histórico

Seguinte Nova

CONVENIOS DE COLABORACIÓN ENTRE MEDIO RURAL E TRES SOCIEDADES DE PESCA FLUVIAL DO SUR LUCENSE PARA A MELLORA DO ECOSISTEMA FLUVIAL

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss