Adiante coas obras da estrada da Pobra de San Xiao a Carracedo

A Deputación financia con 400.000 euros a totalidade destes traballos, dentro do Plan de Obras e Servizos

A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno do 21 de abril os derradeiros trámites necesarios para acometer as obras de mellora da estrada LU-P-2703 da Pobra de San Xiao a Carracedo, principal vía de acceso á capitalidade municipal de Láncara. O voceiro provincial, o socialista Manuel Martínez, explicou que estas xestións permitiron dar luz verde “xa nos vindeiros días” estes traballos, que se enmarcan dentro do Plan de Obras e Servizos (POS), e que están dotados de 400.000 euros. Martínez lembrou que o organismo provincial financia “ó cen por cen” estas actuacións, “logo de que o Goberno central do Partido Popular suprimise a súa achega a este programación, que historicamente o Estado financiaba nun 50%”.

As actuacións que se van levar a cabo na LU-P-2703 abranguen catro quilómetros, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2,300 e 6. Os traballos de mellora inclúen a aplicación de aglomerado en quente e o ensanche da vía, que pasará dos 4 metros ós 6. Asimesmo, eliminanse as curvas perigosas, e instalaranse diversos elementos de sinalización vertical e horizontal, así como biondas e ollos de gato.

Con anterioridade, a Deputación de Lugo xa realizara melloras noutros puntos desta estrada. Así, recentemente mellorou o treito que discorre dende o quilómetro cero ó 2,300, destinando para estes traballos un total de 300.000 euros procedentes de fondos propios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O club Neka, no Campionato Provincial de Taekwondo de combate de Vilalba

Seguinte Nova

A Deputación destina 1.250.000 euros a clubes deportivos e sociedades anónimas deportivas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: