Alertan das consecuencias da supresión de partidos xudiciais na nosa provincia

Chantada e Monforte pasarán a depender de Lugo

O voceiro socialista da Deputación, Manuel Martínez, durante a rolda de prensa xunto ó voceiro nacionalista no organismo provincial, Mario Outeiro. GPDL.
O voceiro socialista da Deputación, Manuel Martínez, durante a rolda de prensa xunto ó voceiro nacionalista no organismo provincial, Mario Outeiro. GPDL.

O anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que ultima o Goberno central está a recibir críticas pola situación na que deixa o mapa xudicial da provincia de Lugo. No caso de aprobarse, a nova Lei suprimiría os nove partidos xudiciais que hai na actualidade, para quedar reducidos a un só na capitalidade provincial. Esta medida suporía que a circunscripción única de Lugo absorbería máis de 36.000 casos, según explicaron os voceiros provinciais do PSOE e do BNG, Manuel Martínez e Mario Outeiro, trala Xunta de Goberno da Deputación do 11 de abril.

DENUNCIAN QUE O 60% DOS LUCENSES TERÁN QUE DESPRAZARSE MÁIS DE UNHA HORA PARA IR Ó XULGADO

O voceiro socialista no organismo provincial, Manuel Martínez, criticou que esta medida do Goberno central “vai poñer fin ó esforzo do ano 86 por achegar unha xustiza gratuíta a todos os cidadáns”, xa que “obrigará ó 60% dos lucenses a desprazarse máis de unha hora ó xulgado”. Martínez precisou que a nova Lei vai supoñer “máis gastos ós cidadáns, posto que isto engádese a nova lei de taxas xudiciais do PP, que fixo que só teñan dereito á xustiza os que a poden pagar”.

MEDIDAS QUE “DEIXAN SEN VIDA ÓS MUNICIPIOS, E AFECTAN Ó EMPREGO E Ó DESPOBOAMENTO DEMOGRÁFICO”

O voceiro socialista alertou de que a nova Lei “é unha medida máis do PP dirixida á supresión de servizos públicos nos Concellos”, en alusión á eliminación dos rexistros civís ou a creación da xerencia sanitaria única. Medidas que, según Martínez, “deixan sen vida ós municipios, afectando ó emprego e ó despoboamento demográfico”.

UGT-LEMOS ANUNCIA MOBILIZACIÓNS

Pola súa banda, o vicesecretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, fixo un chamamento á cidadanía para defender os partidos xudiciais. Neste sentido, Docasar anunciou que este sindicato vai emprender mobilizacións, recollidas de sinaturas na rúa e reunións cos profesionais da Xustiza para amosar o seu rexeitamento a esta medida. “Esta Lei infrinxe o artículo 24.1 da Constitución, que garante unha tutela xudicial efectiva a todos os cidadáns”, suliñou Docasar, quen criticou que ó suprimir os partidos xudiciais de Monforte e Chantada, a nova Lei do ministro Gallardón “convirte ós cidadáns do sur lucense en cidadáns de segunda”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio Provincial de Bombeiros continúa coas actividades didácticas no sur de Lugo

Seguinte Nova

A exposición sobre a vida e a obra do paradelés Manuel Rodríguez López chegou ó Museo do Pobo Galego

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: