As rúas de Monforte recuperaron o pulo doutros tempos na XII Feira Medieval

Este ano, a Feira desenvolveuse por primeira vez durante toda a fin de semana de Pascua

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Na fin de semana do 19 ó 20 de abril, as rúas de Monforte enchéronse de público e de animación para celebrar a XII Feira Medieval. Por uns intres, a zona da muralla de Monforte recuperou o pulo doutro tempo. Esta viaxe no tempo contou coa participación de visitantes, veciños e establecementos comerciais, que se esmeraron na caracterización de época en vestimenta, aderezos e decoración. O seu traballo mereceu recoñecemento, a través dos concursos de traxes e de locais convocados polo Concello de Monforte.Os máis novos tiveron protagonismo especial na Feira Medieval de Monforte, que ofreceu unha ampla variedade de actividades como tiro con arco, xogos medievais, e participación na tradicional demostración de cetrería. Asimesmo, a caracterización dos traxes medievais tamén contou coa aportación dos máis pequenos, que sorprenderon coa súa particular elegancia. (Fotos: EC)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CONVENIOS DE COLABORACIÓN ENTRE MEDIO RURAL E TRES SOCIEDADES DE PESCA FLUVIAL DO SUR LUCENSE PARA A MELLORA DO ECOSISTEMA FLUVIAL

Seguinte Nova

CULTURA DESTINA 38.000 EUROS PARA ARRANXOS NO MOSTEIRO DE FERREIRA.

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: