CONVENIOS DE COLABORACIÓN ENTRE MEDIO RURAL E TRES SOCIEDADES DE PESCA FLUVIAL DO SUR LUCENSE PARA A MELLORA DO ECOSISTEMA FLUVIAL

A mediados de abril, a Consellería de Medio Rural asinou convenios de colaboración cun total de 55 sociedades de pesca fluvial de toda Galicia, 15 das cales son da nosa provincia. No sur lucense, as entidades colaboradoras foron a Sociedade Val de Lemos, o Clube de Pesca de Monforte, e a Asociación de Pesca Santo Tomé de Taboada. O obxectivo destes convenios é preservar a riqueza piscícola e a mellora do ecosistema fluvial dos seus coutos. A sinatura destes convenios supón para as entidades a reserva da totalidade dos permisos do couto para tres xornadas de pesca en cada tempada, agás as tres primeiras xornadas. As sociedades de pesca comprométense a realizar labores de vixilancia en tramos de pesca, sinalización, mantemento e conservación de accesos, sendas e postos de pesca, así como facer un reparto equitativo dos permisos entre os seus membros, non poden ceder ou vender estes permisos a persoas alleas ás estas sociedades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Semana Santa rexistrou 3.890 consultas nas oficinas de Turismo da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

As rúas de Monforte recuperaron o pulo doutros tempos na XII Feira Medieval

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss