O BNG-Lugo Sul cualifica de “fraude ós veciños” o paso dun concelleiro de O Incio ó grupo de non adscritos

O pasado 16 de abril, o BNG-Lugo Sul emitiu un comunicado para valorar o paso dun dos seus concelleiros no Incio ó grupo dos non adscritos. Según este comunicado, no último pleno municipal celebrado en O Incio o 4 de abril, o concelleiro nacionalista Xosé Emilio Moscoso ía o relevo, xunto con Antonio García Montero, dos dous anteriores concelleiros desta formación política, que viñan de dimitir. O BNG-Lugo Sul explica que Moscoso solicitou a súa inclusión no grupo municipal de non adscritos, o que deixaba ó Bloque Nacionalista Galego cun único representante na corporación municipal.

O BNG EXPLICA QUE ESTA DECISIÓN FOI TOMADA “UNILATERALMENTE” POLO CONCELLEIRO

Dados estos feitos, o BNG na comarca Lugo-Sul quixo precisar que “en ningún momento Xóse Emilio Moscoso comunicou as súas intencións nin aos seus compañeiros do grupo municipal nin da comarca”, polo que entenden que “esta decisión foi tomada unilateralmente por Moscoso, sen dar ningún tipo de explicacións ao BNG”.

“FALTA DE RESPECTO COAS PERSOAS QUE APOIARON Ó CONCELLEIRO ATA O DE AGORA”

Dende o Bloque Nacionalista Galego consideran que “accións como a desenvolvida por Moscoso son unha fraude aos seus veciños e unha falta de respecto para coas persoas que o apoiaron até o de agora”, e critican “a que tipo de intereses está a servir Moscoso, atendendo ao feito de que, antes do pleno no que se trataba a aprobación inicial do PXOM, afirmaba que ía absterse, e ao final votou en contra”, mentres que o BNG votou a favor. Esta formación política rematou o seu comunicado afirmando que “o Bloque Nacionalista Galego no concello de O Incio vai seguir, como o fixo até o de agora, defendendo os intereses dos veciños e veciñas do municipio, a través do seu concelleiro Antonio García Montero”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación destina 1.250.000 euros a clubes deportivos e sociedades anónimas deportivas

Seguinte Nova

O Consorcio Provincial de Bombeiros continúa coas actividades didácticas no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: