O club Neka continúa co seu calendario de competicións, coa vindeira cita, o sábado 26 de abril na localidade lucense de Vilalba, do Campionato Provincial en idade escolar na modalidade de técnica.
POSIBILIDADES PARA O CAMPIONATO GALEGO DE COMBATE
Para a proba que terá lugar en Vilalba, o club Neka preparou un plantel de seis deportistas. José Roca, Manuel Veloso, José Ignacio Díaz, Ángel Díaz, Carlos Fernández e Mario Fernández competirán nesta proba clasificatoria para o Campionato Galego. “Esperamos que se clasifiquen sen problema”, explica o adestrador do club Neka, José Mª Vega, que confía en que os monfortinos consigan presencia no Campionato autónomico desta modalidade.
NEKA ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSONAL O SÁBADO 3 DE MAIO
Dentro das actividades que periodicamente realiza o club Neka nas súas instalacións, o curso de defensa personal conta con gran aceptación. “Cada dous meses nos piden que organicemos un curso deste tipo, hai moita xente interesada”, explica José Mª Vega, que impartirá de novo este curso o sábado 3 de maio xunto cos monitores Juan Carlos Quintana e Juan Carlos López Eiriz. O curso será de tarde, de 17,30 a 19,30 horas, e ten un custo de 10 euros. Según explicou Vega, este curso de defensa persoal vai dirixido ó público en xeral que estea interesado en adquirir habilidades de defensa fronte a agresións na rúa, para afrontar casos de violencia de xénero, e tamén para profesionais sanitarios ou de seguridade. Xa son varias as edicións deste curso que levan desenvolvido no ximnasio Neka. Esta actividade goza de gran aceptación, non só polo aproveitamento técnico do curso, senón tamén polo bo ambiente no que se desenvolve. “Resulta unha actividade moi agradable para todos”, explica Vega, “e ademais acabamos cunha cea de confraternidade”. Os interesados neste curso poden contactar co club Neka no teléfono 982 40 50 57. •