Once rapaces da comarca de Sarria participarán en Bretaña no Torneo Internacional de Guerlèdan

A preselección comezará o 29 de abril, e o torneo disputarase o 14 e 15 de xuño

Un grupo de once rapaces da comarca de Sarria participarán no Torneo Internacional de Guerlèdan de fútbol, que terá lugar nesta localidade de Bretaña (Francia) o 14 e 15 de xuño. Este torneo congregará a 128 equipos procedentes de diversos países. Esta proba está organizada polo Concello de Mûr, na Bretaña, e a Asociación Jumelage Guerlèdan-Sarria, ademais de contar coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, o Concello de Sarria e a Asociación Irmandande Sarria-Guerlèdan. A preselección do grupo comarcal que participará neste torneo internacional comezará en Sarria o 29 de abril, para escoller un total de 20 xogadores, dos que sairá o equipo definitivo de 11 membros. A expedición sarriana partirá cara Bretaña o 11 de xuño, e regresará o día 17. Os xogadores irán acompañados por dous entrenadores e dous responsables de equipo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arrincou o plan de emprego provincial para pequenos municipios integrados na Rede Natura

Seguinte Nova

El Club Lemos, abocado al desastre en medio de una crisis institucional

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss