Arte e paisaxe para dinamizar a Ribeira Sacra
A paisaxe dos lugares desta parroquia soberina inspiran a obra deste artista e arquitecto, que sitúa «as pequenas cousas como espello do universo»
Doade segue a amosar a súa faceta máis dinámica coa inauguración da mostra de acuarelas de Pablo Tomé, no restaurante A Cantina. O pasado 11 de abril abríase esta exposición, na que o artista e arquitecto demostra que «as pequenas cousas, os pequenos lugares poden ser o espello para narrar o universo», según explicou Asunta Rodríguez, veciña de Amandi e directora-propietaria da Galería Trinta de Santiago. Pola súa banda, Antonio Rodríguez lembrou que eventos como este avalan a filosofía de A Cantina de Doade na aposta polo estímulo cultural da Ribeira Sacra. O presidente da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez, destacou o dinamismo da parroquia de Doade, e o artista alabou a maxia dos lugares desta zona para dar saída á súa paixón polo debuxo, cuxos froitos son os traballos que poden verse nesta mostra.•