Pantón será de novo capital do golf europeo feminino

Presentado o II Oca Augas Santas European Ladies Open Galicia

Celebrarase do 28 ó 31 de maio, e será a única proba en España deste circuíto internacional

Na imaxe, o secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete Lasa (segundo pola esquerda), acompañado do director do Ladies European Tour, Ignacio Evangelio; o director do Hotel Oca Balneario & Golf Resort, Lalo Crespo; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; e o presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández, durante a presentación do evento deportivo en Santiago. (Foto: Ana Varela).
Na imaxe, o secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete Lasa (segundo pola esquerda), acompañado do director do Ladies European Tour, Ignacio Evangelio; o director do Hotel Oca Balneario & Golf Resort, Lalo Crespo; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; e o presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández, durante a presentación do evento deportivo en Santiago. (Foto: Ana Varela).

Por segundo ano consecutivo, Pantón será de novo capital do golf feminino europeo. Do 28 ó 31 de maio, o complexo Oca Augas Santas será a sede do II European Ladies Open de golf, no que competirán 120 xogadoras procedentes de 24 países de catro continentes, e entre as que se atopan algunhas das figuras do golf nacional e internacional. Esta celebración convirte a Galicia na única sede en España dunha das 16 probas do Ladies European Tour Access Series -LET Access Series 2014 que terán lugar en diversos países de Europa.

PROMOCIÓN DO GOLF E DO DEPORTE

A presentación deste evento tivo lugar no Hotel Oca Puerta del Camino, en Santiago, e contou coa presencia do secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete Lasa; o director do Ladies European Tour, Ignacio Evangelio; o director do Hotel Oca Balneario & Golf Resort, Lalo Crespo; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; e o presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández. Na súa intervención, Lete Lasa expresou “a satisfacción da Xunta de Galicia ao comprobar que a aposta das administracións e da iniciativa privada polo desenvolvemento de proxectos que combinan turismo e deporte é unha aposta de éxito seguro, cando se realiza con calidade e profesionalidade”. Lete Lasa valorou a programación do evento como “unha excelente maneira de promover o golf e o deporte en xeral na sociedade e especialmente entre os máis pequenos, contribuíndo á calidade de vida da poboación”.

EXHIBICIÓN DE LANZAMENTO DENDE UN CATAMARÁN

Según explicaron os responsables da organización, a parte competitiva e formativa do evento de Augas Santas estará precedida na véspera por unha exhibición de todas as xogadoras, consistente no lanzamento de bolas desde un catamarán nos Canóns do Sil ata un viñedo próximo, tendo como obxectivo uns cestos tradicionais de vendima sinalizados cunha bandeira de golf.

HABERÁ UN CLINIC PARA AS CATEGORÍAS INFERIORES E AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE PANTÓN

Ademais, o venres 30 de maio celebrarase un Clínic de golf impartido por xogadoras do torneo para as categorías inferiores da Federación Galega de Golf e as escolas deportivas de Augas Santas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

DE SENDEIRISMO POLO MIÑO

Seguinte Nova

Pablo Tomé inaugurou a súa exposición de acuarelas da Ribeira Sacra na Cantina de Doade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: