Turismo de Galicia organiza en Monforte dous cursos sobre novas tecnoloxías para o sector turístico da Ribeira Sacra

Turismo de Galicia, en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, ofrece aos empresarios e profesionais do sector turístico na Ribeira Sacra dous cursos formativos sobre xestión de redes sociais e e-márketing no mes de maio.

FORMACIÓN ADAPTADA A ESTE COLECTIVO PROFESIONAL

Os responsables autonómicos destacaron que estes cursos son especialmente útiles para este sector, posto que permiten adaptar o programa formativo para o colectivo específico ao que vai dirixido, facendo fincapé nas actuacións, o vocabulario e as fórmulas de expresión que son máis habituais no ámbito turístico. Esta iniciativa de Turismo de Galicia permitirá aos traballadores do sector na Ribeira Sacra adquirir unha base que servirá aos profesionais para promover tanto unha mellor difusión dos servizos que ofrecen como a atención aos turistas. Dende Turismo de Galicia suliñaron o notable incremento de visitantes rexistrado durante o último ano na Ribeira Sacra, onde no pasado ano aumentou en case un 10% a cifra de viaxeiros con relación ao exercicio anterior. O edificio multiusos de Monforte será o lugar onde se impartirán estes dous cursos, de nivel básico e intermedio. O primeiro curso desenvolverase os días 7, 14 e 21 de maio, de 9,30 á 11,30 horas. O segundo dos cursos levarase a cabo os días 8, 15 e 22 de maio, no mesmo horario. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A exposición sobre a vida e a obra do paradelés Manuel Rodríguez López chegou ó Museo do Pobo Galego

Seguinte Nova

A Plataforma Sarriana polo Río segue con actividades en defensa da natureza e o patrimonio histórico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: