70 creadores participan con máis de 300 obras na V Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

A mostra estará aberta no Antigo Cárcere ata o 29 de xuño en horario de tarde

Como novidade, a exposición inclúe os traballos realizados por unha ducia de peregrinos no Albergue San Miguel de Hospital de Órbigo, invitado de honra desta edición

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A sorprendente composición “Pegadas do Camiño”, de Marisol Vázquez Rodríguez, recolle 60 pegadas de peregrinos como suxerencia do que se leva e do que se deixa da experiencia xacobea. As Pampórnigas do San Xoán tamén teñen o seu sitio na exposición. EC

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A exposición do Antigo Cárcere amosa tamén o exquisito traballo das integrantes da Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria, a potencialidade creativa dos minerais nos cadros de Antonio Bello, as obras en talla de madeira de diversos autores sarriáns, e a explosión de sensualidade e dulzura das esculturas de Violeta Bernardo. EC.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Unha ducia de traballos feitos polos peregrinos no Albergue San Miguel de Hospital de Órbigo pode verse na exposición de Sarria, co que esta mostra afonda aínda máis no espíritu xacobeo. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Letras Galegas 2014: Galicia homenaxea ó poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro

Seguinte Nova

Colectivos profesionais, institucións e axentes sociais defenden o mantemento dos partidos xudiciais da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: